Información de interese

INFORMACION PARA PARTICIPANTES

Verificacións Técnicas

A zona de verificacións técnicas é unha zona de acceso restrinxido ao tráfico. Hai cámaras de control que sancionan a todos os vehículos que circulan nesa zona.
poderán acceder a esa zona os vehículos de competición que previamente sexan autorizados. Está PROHIBIDO o acceso a furgóns, remolques e outros vehículos.

Acceso á Zona do Parrote
O acceso dos participantes a esta zona realizarase como se ve nesta imaxe.

Os vehículos, unha vez verificados non poden quedar estacionados na zona de verificación, nin noutro lugar de esta praza. Poderán entrar directamente no Parque Pechado. O incumplimiento esta normativa conllevara una SANCION. ¡ATENCION! É una zona peatonal, a velocidade está limitada a 20 km/h.

A hora de entrada no Parque Pechado é até ás 15:30 horas.

Pulseiras identificativas
Desde o momento das verificacións técnicas todos os participantes, piloto e copiloto, deberán levar postas as pulseiras identificativas que se lles entregan, para acceder aos parques pechados, reagrupamentos, zona de asistencia, cerimonias, etc.

Retirada dos vehículos do Parque Pechado
Unha vez rematado o rali e publicada a Clasificación Oficial, todos os equipos deben retirar os seus vehículos da Plaza María Pita antes das 19:30 horas. Os vehículos que non se retiren antes esta hora, serán sancionados pola Policía Local. Deberán salir polo mismo recorrido usado para entrar ao Parque Pechado.

Repostaxe
O repostaxe de gasolina só se pode facer nas gasolineiras do percorrido do Rali. Está PROHIBIDO repostar gasolina na Zona de Asistencia

Acceso á Zona de Asistencia
O acceso á zona de asistencia poderase realizar dende o xoves 28 de setembro ás 18:00 horas. Non se permitirá o acceso de vehículos de asistencia a partires do venres as 16:00 horas. Dende esta hora do venres  até que remate a primera etapa non se permitirá a entrada de vehículos de asistencia (excepción: vehículos de competición retirados da competición e que solicitaran unha nova saida na 2ª etapa). O sábado 30 de setembro non se permite a entrada de vehículos de asistencia a partires das 10:00 horas.