Inscrición

O peche das inscricións terá lugar ás 14:00 h do MÉRCORES, 20 de SEPTEMBRO de 2023. O único procedemento válido para a inscrición é a través da plataforma on- line da RFEdeA, á que podes acceder neste botón:

INSCRICION

O número máximo de inscritos fíxase en 90 participantes. O Comité organizador resérvase o dereito de rexeitar unha inscrición de acordo co establecido no artigo 3.14 do C.D.I
Este número máximo engloba aos participantes das dua competicións (Rallye Rías Altas Histórico e Rallye Rías Altas Rallycar Festival) tendo prioridade os equipos inscritos no CERVH 2023 e os que posúan licenza nacional.

Para os participantes con licenza Autonómica: Previamente, para poder acceder á plataforma PODIUM, haberá que tener un usuario/contrasinal que se ten que solicitar enviando un e-mail a: inscripciones@rfeda.es con este FORMULARIO completamente cumplimentado.

Os dereitos de inscrición por equipo fíxanse en:
Campionato de España de Rallyes de Velocidade:
–   Coa publicidade proposta polo organizador:         590 €
–   Sen a publicidade proposta polo organizador:     1180 €
Campionato de España de Rallyes de Regularidade Sport:
–   Coa publicidade proposta polo organizador:         390 €
–   Sen a publicidade proposta polo organizador:      780 €
Campionato de España de Rallyes de Regularidade:
–   Coa publicidade proposta polo organizador:         330 €
–   Sen a publicidade proposta polo organizador:      660 €

O pago dos dereitos de inscrición só poderá ser realizado, antes das 14:00 horas do Mércores, día 20 de Setembro de 2023, mediante tarxeta de crédito a través da plataforma on- line da RFEdeA.

Nota: o sistema GPS está incluído no prezo de inscrición.

Bonificación por inscrición anticipada:

Os equipos que realicen a súa inscrición (completa en todos os seus apartados e co pago realizado) antes das 14:00 horas do Sábado, 9 de SEPTEMBRO de 2023, recibirán unha bonificación de:

  • Equipos inscritos en velocidade: 100 €
  • Equipos inscritos en regularidade: 50 €

A solicitude de inscrición non será aceptada se non vai acompañada de:
– Os dereitos de inscrición.
– Se non está debidamente cumprimentada en todos os seus apartados.
– Toda a documentación solicitada.

Os dereitos de inscrición serán totalmente reembolsados:
– Aos solicitantes cuxa inscrición fose rexeitada.
– No caso de que o rally non se celebrase.
– O Organizador poderá rembolsar ata un 75% dos dereitos de inscrición aos Participantes que, por razóns de forza maior debidamente verificadas, non puidesen presentarse á saída do rally.
– Non se devolverán os dereitos de inscrición a aqueles participantes sancionados a criterio da organización por incumprimento do punto 1 das Disposicións Complementarias relativas aos recoñecementos.

SEGURO
Todos os datos referentes á cobertura do seguro, figuran no Capítulo VI das Prescricións Comúns dos Campionatos, Copas, Trofeos e Challenges de España 2023.

Calquera consulta relacionada coas inscricións poden enviala a:  inscripciones@rallyeriasaltas.com
.