Zona de Asistencia

Para o Rallye Rías Altas Histórico 2024 está previsto o seguinte Parque de Asistencia:
Lugar: Polígono Industrial de Piadela (Betanzos)
Horario: Venres 1 e Sábado 2 novembro
Coordenadas: 43º16’25’’N – 08º14’05’’O

 

O acceso á zona de asistencia poderase realizar dende o venres 1 de novembro ás 13:00 horas. Non se permitirá o acceso de vehículos de asistencia a partires do venres as 21:00 horas. O sábado 2 de novembro non se permite a entrada de vehículos de asistencia a partires das 08:30 horas.

Os vehículos de asistencia de grandes dimensións (camións, autobuses, etc.) non poderán abandonar o parque de asistencia mentres haxa participantes no mesmo, e para facelo, deberán comunicalo previamente ao oficial responsable, co fin de que este indíquelles a mellor forma de realizalo.

En todo o recinto queda totalmente prohibido a venda ao público de calquera produto, a non ser que se dispoña dun permiso da organización.

Queda prohibido aos equipos facer buracos no chan. Ao finalizar o rallye, todos os equipos deben deixar o espazo ocupado completamente limpo e nas mesmas condicións que o atoparon. O incumprimento desta norma será comunicado aos Comisarios Deportivos, que poderán sancionar economicamente ao Participante ata 3.000 €.
O único lugar permitido para depositar os remolques será na zona habilitada para iso.

Os equipos deberán deixa-la zona de asistencia e deixar completamente libre o seu espazo antes das 22:00 horas do sábado 2 de novembro.

A distribución na zona de asistencia para esta edición será así:

 

Descarga o plano da Zona de asistencia en PDF.