Toda a información necesaria para gozar do Rallye Rías Altas
- Que vehículos poden participar no Rallye?
- O Rallye Rías Altas é unha proba para vehículos históricos, con dúas modalidades: velocidade e regularidade. Por tanto son varios os tipos de vehículos permitidos. (Pica sobre a pregunta para ter máis info)
- Que licencia é necesaria para participar?
- O Rallye Rías Altas é puntuable para o Campionato de España de Rallyes para vehículos históricos, asi que son válidas as licenzas permitidas pola RFEDA.
Son válidas para participar todas as licenzas: Concursante, Piloto, Copiloto, Asistencia, expedidas pola FGA (Federación Galega de Automobilismo) e calquera outra Federación Autonómica. - O meu coche necesita un pasaporte técnico?
- Dependendo da categoría na que queiras inscribirche, poida que sexa necesario que o teu coche teña un pasaporte técnico. Se é así, nós axudámosche a conseguilo. (Pica sobre a pregunta para ter máis info)
- Onde podo ver o rallye?
- Sen saír da cidade da Coruña e sen necesidade de desprazarse xa podes ver aos vehículos participantes. Se queres ver máis, Betanzos é un punto de parada a metade da proba. Os tramos cronometrados inscríbense nun triángulo entre Pontedeume, Betanzos e Aranga.
- Como podo colaborar co rallye?
- Un rallye como este necesita de gran cantidade de colaboradores para poder realizarse. Se queres vivilo desde dentro e colaborar, só tes que contactar connosco.
- Cal é a forma de contacto cos organizadores?
- Pode contactar coa organización por correo electrónico, por teléfono ou a través das redes sociais. (Pica sobre a pregunta para ter máis info)