Información de interese

INFORMACION PARA PARTICIPANTES

Remolques
Os remolques poderanse aparcar durante a celebración do rallye na zona de MARIÑA CORUÑA. Esta moi preto da zona de verificacións. No seguinte gráfico podedes ver como chegar ata el.aparcamientoremolques_webVerificacións Técnicas

A zona de verificacións técnicas é unha zona de acceso restrinxido ao tráfico. Hai cámaras de control que sancionan a todos os vehículos que circulan nesa zona.
poderán acceder a esa zona os vehículos de competición que previamente serán autorizados. Está PROHIBIDO o acceso a furgóns, remolques e outros vehículos.

Non se pode acceder directamente desde as verificacións técnicas á Praza de María Pita. Serán penalizados os participantes que o fagan.

Máis info na sección VERIFICACIÓNS

Acceso á Praza de María Pita
O acceso dos participantes á Praza de María Pita realizarase < strong>sempre por San Agustín, segundo indícase no libro de roteiro na parte final, páxinas 104 e 105.
Está totalmente prohibido acceder directamente á Praza de María Pita desde A Mariña. Hai que acceder sempre pola parte traseira do Concello.

Pulseiras identificativas
Desde o momento das verificacións técnicas todos os participantes, piloto e copiloto, deberán levar postas as pulseiras identificativas que se lles entregan, para acceder aos parques pechados, reagrupamentos, zona de asistencia, cerimonias, etc.

Cerimonia de Saída
Todos os vehículos participantes deberán entrar no Parque Pechado (Praza de María Pita) o venres entre as 16:30 e as 18:00 para a Cerimonia de Saída.
A cerimonia de saída comezará ás 19:00 horas. A saída darase en orde inversa aos números asignados na lista de inscritos. Os participantes deberán de levar posto o mono ignífugo regulamentario.
Os participantes sairán segundo as indicacións do libro de roteiro que poderán descargar no apartado “roadbook” desta web, e seguirán o roteiro marcado para retornar á Praza de María Pita. Non hai controis horarios, pero establécese a hora máxima de entrada ás 21:00 horas.
Os coches permanecerán en Parque Pechado ata a saída do Rallye.

Retirada de vehículos do Parque Pechado
Unha vez finalizado o rallye e publicada a Clasificación Oficial, todos os equipos deben retirar os vehículos da Praza de María Pita antes das 00:15 horas.