Para o Rallye Rías Altas Histórico está previsto o seguinte Parque de Asistencia:
Lugar: Instalacións Manuel Rey (Bergondo)
Horario: Sábado 5 octubre
Coordenadas: 43º18’16’’N – 08º16’11’’O
Poderase acceder o venres 4 desde as 18:00 horas
Os vehículos de asistencia de grandes dimensións (camións, autobuses, etc.) non poderán abandonar o parque de asistencia mentres haxa participantes no mesmo, e para facelo, deberán comunicalo previamente ao oficial responsable, co fin de que este indíquelles a mellor forma de realizalo.
En todo o recinto queda totalmente prohibido a venda ao público de calquera produto, a non ser que se dispoña dun permiso da organización.
Queda prohibido aos equipos facer buracos no chan. Ao finalizar o rallye, todos os equipos deben deixar o espazo ocupado completamente limpo e nas mesmas condicións que o atoparon. O incumprimento desta norma será comunicado aos Comisarios Deportivos, que poderán sancionar economicamente ao Participante ata 3.000 €.
O único lugar permitido para depositar os remolques será na zona habilitada para iso, en Mariña Coruña.
A distribución na zona de asistencia para esta edición será así: Publicarase o xoves 3 de Outubro
Descarga o plano da Zona de asistencia en PDF