Verificacións Técnicas

As verificacións técnicas levarán a cabo no Paseo do Parrote o venres 4 de Outubro a partir das 11:00 horas segundo o horario establecido para cada participante.

Horario de verificacións técnicas.(Publicarase o mércores 2 de Outubro)

Haberá unha zona habilitada para a descarga dos vehículos de competición nas instalacións de Mariña Coruña. Nesta zona poderase acceder cos coches/furgóns con remolque para descargar os coches e poderán permanecer os remolques aparcados ata a finalización do rallye.

O percorrido desde o aparcamento de remolques ata as verificacións técnicas é moi sinxelo e curto. Podédelo ver no seguinte gráfico. SÓ está permitido o acceso aos coches de competición. Está PROHIBIDO o acceso a furgóns, remolques e outros vehículos.

recorrido_verificaciones

Despois das verificacións técnicas xa podedes levar os vehículos ao Parque Pechado (Praza de María Pita). Sempre accederase pola Costa de San Agustín, como pode verse no seguinte gráfico. Esta PROHIBIDO
entrar directamente na Praza de María Pita desde as verificacións por Porta Real. O incumprimento carrexará unha penalización.

verificac_a_mariapita_web