O peche das inscricións terá lugar ás 14:00 h do XOVES, 24 de SEPTEMBRO de 2020. O único procedemento válido para a inscrición é a través da plataforma on- line da RFEdeA, á que podes acceder neste botón:
O número máximo de inscritos fíxase en 80 participantes. O Comité organizador resérvase o dereito de rexeitar unha inscrición de acordo co establecido no artigo 3.14 do C.D.I.
Os dereitos de inscrición por equipo fíxanse en:
Campionato de España de Rallyes de Velocidade:
– Coa publicidade proposta polo organizador: 560 €
– Sen a publicidade proposta polo organizador: 1120 €
Campionato de España de Rallyes de Regularidade Sport:
– Coa publicidade proposta polo organizador: 360 €
– Sen a publicidade proposta polo organizador: 720 €
Campionato de España de Rallyes de Regularidade:
– Coa publicidade proposta polo organizador: 310 €
– Sen a publicidade proposta polo organizador: 620 €
O pago dos dereitos de inscrición só poderá ser realizado, antes das 14:00 horas do Xoves, día 24 de Setembro de 2020, mediante tarxeta de crédito a través da plataforma on- line da RFEdeA.
Nota: o sistema GPS está incluído no prezo de inscrición.
Bonificación por inscrición anticipada:
Os equipos que realicen a súa inscrición (completa en todos os seus apartados e co pago realizado) antes das 14:00 horas do Xoves, 10 de SEPTEMBRO de 2020, recibirán unha bonificación de:
- Equipos inscritos en velocidade: 100 €
- Equipos inscritos en regularidade: 50 €
A solicitude de inscrición non será aceptada se non vai acompañada de:
– Os dereitos de inscrición.
– Se non está debidamente cumprimentada en todos os seus apartados.
– Toda a documentación solicitada.
Os dereitos de inscrición serán totalmente reembolsados:
– Aos solicitantes cuxa inscrición fose rexeitada.
– No caso de que o rally non se celebrase.
– O Organizador poderá rembolsar ata un 100% dos dereitos de inscrición aos Participantes que, por razóns de forza maior debidamente verificadas, non puidesen presentarse á saída do rally.
– Non se devolverán os dereitos de inscrición a aqueles participantes sancionados a criterio da organización por incumprimento do punto 1 das Disposicións Complementarias relativas aos recoñecementos.
SEGURO
Todos os datos referentes á cobertura do seguro, figuran no Capítulo VI das Prescricións Comúns dos Campionatos, Copas, Trofeos e Challenges de España 2020.
Calquera consulta relacionada coas inscricións poden enviala a: inscripciones@rallyeriasaltas.com
.