Información de interese

INFORMACION PARA PARTICIPANTES

Remolques
Os remolques poderanse aparcar durante o venres 2 de outubro na zona de MARIÑA CORUÑA. Esta moi preto da zona de verificacións. No seguinte gráfico podedes ver como chegar ata el.aparcamientoremolques_webVerificacións Técnicas

A zona de verificacións técnicas é unha zona de acceso restrinxido ao tráfico. Hai cámaras de control que sancionan a todos os vehículos que circulan nesa zona.
poderán acceder a esa zona os vehículos de competición que previamente serán autorizados. Está PROHIBIDO o acceso a furgóns, remolques e outros vehículos.

Non se pode acceder directamente desde as verificacións técnicas á Praza de María Pita. Serán penalizados os participantes que o fagan. Deberán sair da zona de verificacións pola dirección indicada. Os vehículos, unha vez verificados non poden quedar estacionados na zona de verificación, nin noutro lugar de esta praza. ¡ATENCION! É una zona peatonal, a velocidade está limitada a 20 km/h.

Máis info na sección VERIFICACIÓNS

Acceso á Praza de María Pita
O acceso dos participantes á Praza de María Pita realizarase sempre por San Agustín, segundo indícase no libro de roteiro na parte final, páxinas 104 e 105.
Está totalmente prohibido acceder directamente á Praza de María Pita desde A Mariña. Hai que acceder sempre pola parte traseira do Concello.

Pulseiras identificativas
Desde o momento das verificacións técnicas todos os participantes, piloto e copiloto, deberán levar postas as pulseiras identificativas que se lles entregan, para acceder aos parques pechados, reagrupamentos, zona de asistencia, cerimonias, etc.

Retirada dos vehículos do Parque Pechado
Unha vez rematado o rali e publicada a Clasificación Oficial, todos os equipos deben retirar os seus vehículos da Praza de María Pita antes das 00:15 horas.

Repostaxe
O repostaxe de gasolina só se pode facer nas gasolineiras do percorrido do Rali. Está PROHIBIDO repostar gasolina na Zoa de Asistencia

Acceso á Zoa de Asistencia
O acceso á zoa de asistencia pódese realizar o venres 2 de octubre, entre as 11:00 e as 13:00 horas, e entre as 15:00 e as 22:00 horas. A partires desa hora o recinto permanecerá pechado. Igualmente poderase acceder o sábado a partires das 07:00 horas..