As verificacións técnicas levarán a cabo no Paseo do Parrote o venres 2 de Outubro a partir das 09:00 horas segundo o horario establecido para cada participante.
Horario de verificaciones técnicas.
O percorrido ata as verificacións técnicas é moi sinxelo e curto. Podédelo ver no seguinte gráfico. SÓ está permitido o acceso aos coches de competición. Está PROHIBIDO o acceso a furgóns, remolques e outros vehículos. NON estará disponible o aparcamento de remolques que se ve no gráfico, por motivos técnicos de última hora.
Despois das verificacións técnicas xa podedes levar os vehículos ao Parque Pechado (Praza de María Pita) entre as 14:30 e as 15:30 horas. Sempre accederase pola Costa de San Agustín, como pode verse no seguinte gráfico. Esta PROHIBIDO entrar directamente na Praza de María Pita desde as verificacións por Porta Real. O incumprimento carrexará unha penalización.